![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Meilán Martínez: No 50 Aniversario da Fundación da Emisión Radial Galega Sempre en Galiza de Montevideo Manuel
Meilán naceu en Lugo o 18 de Xullo de 1904. Seus pais foron
Manuel Meilán Vilavella empregado da delegación de Facenda
e Ángela Martínez Souto. A familia Meilán tivo
cinco fillos dos cales Manuel foi o último. Cóntanos
Meilán no libro de Cristina Samuelle : "Nacín na
rúa da Tinería, no número 6, que da á
porta do Carme na muralla, e alí vivimos cinco ou seis anos.
Despois fomos para Santo Domingo 27, e posteriormente para a rúa
do Progreso. Cando vin para América a familia mudara outra
vez para a praza de santo Domingo. Pero Lugo era daquela moi pouquiña
cousa, unha cidade entrañable que sempre levei no corazón,
moi diferente destas grandes urbes como Bos Aires ou Montevideo...”. Como
a maioría dos mozos da época que non queren facer a
guerra de Marrocos, marchan cara a emigración. Alí tiña
a seu irmán Rafael quen lle manda o pasaxe. Partiu do porto
da Coruña no barco "Aerlanza" o 23 de abril de 1922.
Despois dunha longa viaxe no que o barco paraba en tódolos
portos: Vigo, Lisboa, Madeira, Cabo Verde, Río de Janeiro,
Montevideo e finalmente , o 13 de Maio, Bos Aires, onde o estaba esperando
o seu irmán. Mentres tanto en Bos Aires fúndase a Organización Republicana Nacionalista Autónoma Galega do que Rodolfo Prada é nomeado Presidente e Meilán secretario. Este partido converteuse na delegación do Partido Galeguista en Arxentina. En 1934 instálase en Montevideo traballando para un laboratorio uruguaio. Mentres tanto continúa a súa relación co galeguismo da Arxentina e con Prada co que comenzará unha estreita relación persoal, política e tamén laboral. A parte dos seus ideais galeguistas e republicáns ambos amigos tiñan unha clara identificación coas ideas do libre pensamento tan de moda nos ámbitos republicáns daqueles anos. Este vínculo amizoso con Prada - quen era xerente xeral para toda América da empresa Laboratorios de Especialidades Médicas Doutor Andreu – fixo que Meilán entrara a traballar nesta empresa como xerente xeral en Montevideo. Na capital do país chamado tamén "oriental", recreou a tertulia do "Armonía" xunto a Antón Crestar, Ramón Antelo, Francisco Rial,etc no mítico café Tupí Nambá do galego Francisco San Róman. Participou dos comenzos da Irmandade Galeguista do Uruguai xunto con Antón Crestar. Coa guerra civil participa da fundación na Casa de Galicia do Comité Nacional de Axuda á Republica Española onde tamén participaban os partidos políticos uruguaios. Os galegos estaban representados por Meilán e Andrés Calvo. Participa da Fundación do xornal España Republicana tendo unha columna chamada “Rataplán” e firmaba co seudónimo de Tatarí. Tamén participou da fundación da Organización Republicana Galega de Axuda o Povo Español sendo elexido secretario xeral. En 1940 casa con Chela. Ao pouco tempo naceu o seu primeiro fillo Lugo Fernando, despois viría Rafael. Naqueles anos da solidaridade coa República coñeceu ó seu entrañable amigo Pepé Fernandez con quen desenrola moitísimas actividades de carácter cultural. Coa derrota do bando republicán comenzan a chegar os exiliados: Luis Tobío, Vázquez Valiño, Alfredo Somoza, etc. Por aqueles anos intégrase de cheo a traballar no seo da masonería uruguaia na que participaban destacadas figuras do galeguismo entre elas: Xesús Canabal, o empresario fundador de IPUSA e o Banco de Galicia; Xose Añon, Fundador de CUTSA, vicepresidente del Banco de Galicia e Presidente do equipo de fútbol Nacional de Montevideo; Pepe Fernández:, actor; o médico Cancela Freijo, fundador do Padronado da Cultura Galega de Montevideo; Lois Luna; Pastor García; Eusebio Silva e o diputado Alfredo Somoza entre outros. A partir do paso de Castelao por Montevideo en viaxe a Arxentina, Meilán mantivo co "Guieiro" nacionalista unha entrañábel amizade. O líder galeguista mantivo unha relación permanente cos nacionalistas residentes no Uruguai. A tal punto que a creación do Consello de Galiza en 1945 foi realizada en Montevideo. Meilán foi un activo participante das Irmandades Galegas creadas en toda América que eran na práctica a continuación do Partido Galeguista. Participou da creación de GALEUZCA e posteriormente do Congreso da Emigración Galega que se fixo en Bos Aires en 1956. Meilán e o galeguismo do Río da Prata fixeron distintos intentos para reorganizar o Partido Galeguista no interior: "Os galeguistas da Arxentina e do Uruguai decidimos, certamente, enviar un representante do Consello de Galiza para que falase coa xente que quedaba no país, por se era posible reorganizar o partido e apoialos dende aquí. Enviamos a Perfecto lópez. Era un rapaz galeguista do meu tempo, que militou na Irmandade e sempre estivo vinculado ó nacionalismo. A mensaxe que levaba era que se reorganizase o Partido Galeguista e que contasen coa nosa colaboración, tanto moral e institucional como enonómica. De feito, como dixen, o galeguismo do interior deixou sentir a súa opinión cando tratamos de colocar a Castelao no Governo da República no exilio. Pero os representantes do galeguismo en Galicia non concordaron coa nosa idea de reconstruír o partido na Terra (aínda que seica houbo algúns pequenos intentos de facelo, nos anos 40) e preferiron orientar os seus esforzos e a súa actividade noutra dirección, primeiro no traballo cultural, máis tarde, pensando máis nos partidos políticos españois que na viabilidade de organizacións políticas nosas, que era un traballo máis difícil, pero que nós entendíamos que é a verdadeira maneira de garantir a nosa soberanía. Daquela dixeron que a situación era moi difícil, que a saída do franquismo non estaba nada clara e que cumpría pospoñer a labor partidaria ou política por unha actividade máis ampla e cultural, pensando nun futuro a longo prazo. Houbo diferencias. É certo. Distintas maneiras de ver as cousas. Mesmo cando chegou a democracia a España moitos intentamos organizar un apoio moral e económico dende aquí, enviando diñeiro, para levar ó Parlamento do Estado e ó Parlamento de Galicia un grupo de deputados galeguistas. Mais eles escolleron outra estratexia. Foron cos partidos españois. E nós entendemos que iso foi un grandísimo erro". O 3 de septembro de 1950 comenza a emitirse a emisión radial Sempre en Galiza o propio meilán contanos esta historia: "A idea naceu de Alfredo Somoza, e eu fixen as xestións en radio Carve, coa que tiña bastante relación..." "Interesábanos que fose radio Carve porque era unha emisora de moito prestixio e porque se escoitaba tamén na Arxentina, e era un xeito de chegar tamén ós galegos do outro lado do Río da Prata. Daquela a constitución Arxentina prohibía o uso doutras linguas que non fose o castelán nos medios de comunicación. Era unha lei da época de Perón". "... non podía imaxinar que aquel programa de radio en galego había de durar máis de corenta anos ininterrupidamente". "Comenzaba a audición cunha música de gaitas para que a esa hora os oíntes puidesen atopar a sinfonía fácilmente no receptor...""Emilio Pita interpretaba ó piano a Muiñeira de Chantada, a mesma dende 1950 ata hoxe. Logo viña un editorial, música, noticias, cuestións de interese arredor de galicia ou da propia colectividade...". "Sempre en Galiza foi sempre un labor militante. Nunca contou co apoio das institucións. Nin axuda oficial tampouco". "...o mais do tempo sostivémola co noso propio esforzo e os nosos medios pequenos, pois había un grupo entusiasta de colaboradores...""Era un grupo pequeno de galeguistas que nunca nos fallaron". "A verdade é que nunca pensamos durar tanto. No 1987 a fundación do Pedrón de Ouro, en Gilicia, outorgounos o Pedrón de Honra, e logo destes corenta anos recibimos moitos agasallos e gratificacións...". "É moi importante que a colectividade galega deste lado do mundo siga a ter unha referencia na súa propia lingua, unha presencia viva da nosa cultura dentro da sociedade uruguaia e arxentina, a través dun medio de comunicación". "Tódolos domingos pola mañá os galegos do Uruguai e da Arxentina, e tamén os fillos e netos deses galegos, seguen escoitando a voz amiga de Sempre en Galiza, animados pola súa sintonía, e penso que é unha maneira de dicirlles o que somos, que estamos vivos , que temos detrás un esforzo e unha historia da que podemos sentirnos orgullosos. A Historia, certamente deu moitas voltas, pero hai unha Galiza que está aquí e que ten unha parte moi importante do seu corazón na Terra". É
Cofundador do Patronato da Cultura Galega, creada en 1968, da que
foi presidente. "A idea naceu do doutor Cancela Freixo, médico,
de Pontevedra, que mesmo fora alumno de Castelao no instituto desta
cidade. Coñecino porque era practicante na Casa de Galiza e
tiña un gran sentimento pola Terra..." "Pensamos
de primeiras en facer un ambicioso complexo cultural que agrupase
unha Escola Galega e unha institución adicada especificamente
ó estudo e espallamento da nosa cultura. Pero iso era un soño,
quizais daquela un pouco grande demáis, e quedámonos
a metade de camiño. Creouse o Patronato da Cultura Galega e,
logo dalgunhas xestións, logramos que unha escola pública
de Montevideo levase o nome de Galiza, cunha comisión xestora
do centro que presidía Antón Crestar". "Para min o Patronato xa é coma un fillo. Axudei a crealo, fun da primeira xunta directiva, fun tamén o seu presidente durante un tempo e sigo vinculando a el e preocupándome polo seu funcionamento. A mellor solución de futuro poida que sexa transformalo nunha fundación". Meilán morre en 1994 a idade de 89 anos en Montevideo. Según o escritor Manuel Suárez Suárez quen compartiu con Meilán a Audición Sempre en Galiza: "Manuel Meilán foi un dos máis destacados galegos que pasaron pola emigración galega do río da plata . Foi un home comprometido coa súa Terra e cultura. Xunto con Crestar, Canabal, Somoza, Luís Tobío, etc deixaron sementado o verdadeiro galeguismo. Agora os seus dous fillos seguen o mesmo camiño de compromiso coa humanidade".
Lois Pérez Leira |
|