Personaxes da emigración
 

 


GERMÁN VIDAL BARREIRO

Germán Vidal Barreiro naceu na vila mariñeira de Noia en 1893. German pertencía a unha familia acomodada, puido realizar os seus estudos primarios e secundarios na vila. Despois os seus pais envíano á Universidade de Santiago onde se gradúa de avogado. A vila de Noia foi durante as primeiras décadas deste século unha cidade próspera e puxante. A beleza da súa paisaxe mariñeiro, o estilo señorial da súa arquitectura, a proximidade con Santiago de Compostela, forona convertindo nunha cidade distinguida e de xentes de talante liberal-progresistas. As clases adiñeiradas daqueles anos gostaban desta vila para pasar as súas vacacións. Nos anos trinta co nomeamento do famoso escritor nacionalista Alvaro das Casas ó fronte do Instituto de Noia, esta vila convertiráse nun lugar de encontros dos mais destacados políticos galeguistas e republicáns daquela época.

A mediados dos anos vinte Germán Vidal incorporase á vida política Noisense, era un xoven recén graduado de avogado, intelixente e bo orador, todas estas condicións eran óptimas para unha exitosa carreira política.

Por aqueles anos gobernaba no Estado a dictadura de Primo de Ribera. A pesares do seu talante liberal, Vidal simpatizaba coas ideas de Calvo Sotelo, con quen mantivo estreita relación personal, integrandose no partido Unión Monárquica Nacional. Con estas siglas gaña de xeito maioritario as eleccións municipais de 1931 e é elexido alcalde da cidade. Coa proclamación da Segunda República- ante a derrota plastante dos sectores monárquicos - manifesta o seu apoio ó novo réximen sumándose o Partido Radical de Lerroux. Vidal mantiña por aqueles anos unha intensa relación política e de amizade co político galego Abad Conde home moi vinculado á masonería e con moita influencia no Partido Radical onde militaba entre outros o crego-agrarista Basilio Alvarez. Coa descomposición e posterior fractura deste partido, as posicións políticas de Vidal vanse achegando ó republicanismo progresista de Santiago Casares Quiroga, que por aqueles anos dirixía en Galicia ORGA. As confluencias de varios grupos republicáns, rematara coa creación de Esquerda Republicana, dirixida por Azaña. A decisión de incorporarse de cheo neste partido, foi seguramente o pedido especial que o propio Azaña realizalle despois do Histórico acto de Comillas, onde o propio Vidal foi invitado persoalmente. Xa por aqueles tempos tiña unha íntima amizade co brillante deputado coruñés e baluarte da Esquerda Republicana Emilio González López, ó que acompañou en varias campañas electorais.

Coa formación do Frente Popular en 1936 Germán Vidal participa activamente da campaña electoral de este fronte de esquerdas, onde participaban tamén a parte do seu partido, os socialistas, o Partido comunista e o Partido galeguista. Co triunfo da coalición de esquerdas o presidente Azaña das indicacións oportunas para que Casares Quiroga ó fronte do Ministerio da Gobernación nomee ós seus mellores cadros políticos ó fronte dos distintos gobernos civís. É así como é nomeado o 2 de xuño Gobernado da Provincia de Ciudad Real. Pouco tempo durara a tensa calma dos daqueles días. O de 18 de xullo producirase o levantamento de Franco e Vidal terá que enfrentarse valerosamente contra os falanxistas alzados de Ciudad Real.

A súa primeira medida como máxima autoridade provincial foi convocar urxentemente ós principais líderes políticos e sindicais do Fronte Popular no goberno civil. Naquela histórica reunión estaban presentes Arturo Gómez Lobo de Esquerda republicana; Manuel Romero de Unión republicana; Domingo Cepeda, do Partido Comunista; José Tirado, da CNT; Fernando Piñuela, del Partido Socialista, entre outros. O gobernador conto co apoio decidido de tódalas forzas políticas. Despois entrevistouse co Coronel Salafranca quen o seu responsable sinaloulle a súa lealtade á república, posteriormente reuniuse coa Guardia Civil, quen garantizou a subordinación da súa forza.

Co avance rebelde, Vidal organiza unha columna de milicianos co obxetivo de defender a provincia. A prensa da época a través de “El Pueblo Manchego” relatanos aquela épica historia: “ O día 8 de agosto saía a columna con destino a Mérida, despedida na estación de ferrocarril a bombo e platillo: Seguramente á hora de sair este diario, estará xa no camiño a potentísima columna, que formouse na nosa capital, e que está compuesta por uns 700 milicianos da capital e diversos povos da provincia. Como xa dixemos no noso número anterior, os elementos que compoñen dita columna van magníficamente pertrechados de toda clase de material moderno de guerra. Ademais, coa columna levanse camións blindados, cañones, etc.

Ó frente de dita columna vai o gobernador civil señor Vidal Barreiro, o deputado a cortes, Señor Sainz e varios elementos do comité do Fronte Popular da provincia.”

Ós poucos días a columna ten que regresar. Faltalle experiencia militar e sobráballe heroismo.

En outubro de 1936 Vidal é destinado a outra función dentro do goberno republicano asumindo o Goberno civil desta provincia José Serrano Romero. Co remate da Guerra Civil, logra saír exiliado rumbo a Chile. Naquel país reagruparase coa súa familia establecéndose definitivamente neste país.

Ó chegar ó pais andino comeza unha importante laboura antifranquista participando das distintas actividades do exilio. Foi presidente do Centro Republicano e un dos animadores fundamentais da colectividade galega. A partir do 39 foron chegando por intermediación de Pablo Neruda varios centenares de exiliados españois. Tamén radicaronse por outras vías exiliados que anteriormente intentaran mellor sorte noutros países. É así como chega o diputado Ramón Suárez Picallo e o mestre ourensano Celso Garrido.

Ó chegar Castelao a Buenos Aires comeza a reorganizar ós galeguistas independentemente da súa pertenza política é así como se pon en contacto con Vidal para que este colavore nunha política unitaria antifranquista. Nunha carta enviada dende Buenos Aires sinalalle Castelao:

Bos Aires, 30 de novembro de 1944

Fai moitos días que quería e debía escribirche, pero faltoume tempo, materialmente, para facelo. As horas fánseme pequenas para dar abasto aos moitos traballos que pesan sobre min. Pero agora o escribirche pasou a ser un asunto de primeira necesidade.

Sempre creín no teu talento político, nidiamente galego, no que éste ten de intuitivo e flemático. Por certo que eso que se veu chamando flema británica é virtude ordinaria en Galiza; pero a través dos abogados en exercicio faise algo así como unha institución invencible. Por eso non me asombra, inda que me alegre, que todolos cantos veñen de Chile me falen de tí, ponderando a túa simpatía e o teu poder de convicción. A crítica, para nós, non é un debate; é unha sentencia. E teño entendido que as túas sentencias non teñen volta de folla. Pol-o que ti vales e representas, en presente e en futuro, quixera eu decidir o teu ánimo cara un ideal político decisivo, que cicáis non ten semellante na nosa historia. Pero se ti me dixeras que xa estás incorporado moralmente, eu entón trocarei a verba “ideal” pol-a de “aición”, para que me comprendas mellor. Particípoche que o novo pacto de Galeuzca xa está escrito e aprobado pol-as tres partes, e a súa publicación causará agradable sorpresa no campo democrático español, debido aos términos conciliadores en que se inspira. Debo decirche que os galegos non fomos membros pasivos, senón ben activos, na xestación do pacto tripartito e no modus operandi que o encauzará en direitura de meirandes ambicións. Non hai dúvida de que para equipararmos aos cataláns e vascos era indispensable crear o Consello de Galiza, e creámolo. Agora ben; a fórmula político-xurídica –chamémoslle así- que adoptamos na acta de constitución do Consello, obedece ao propósito de eliminar ou descalificar calquera oposición que se erga contra nós ao darmos os primeiriños pasos; pero outra é e outra será a base moral i efeitiva do Consello, que probablemente sofrirá unha reorgaización en canto coñezamos a actitude dos demáis deputados. Creo sinceiramente que os galegos tíñamos a obriga de aproveitar esta oportunidade, i en debate coa miña íntima conciencia cheguei á conclusión de que non lle usurpo a ninguén o posto que ocupa; pero eu non podería comprir a misión provisional que me impuxen se non fora con asistencias e axudas. Por eso eu me dirixo a ti, coa sinxeleza d-un home de ben, que , por trascendencia, rogándoche, moi encarecidamente, que te incorpores á Delegación de Chile dun xeito efectivo e oficial, dende a cal Delegación prestarános un enorme servizo. Sabes moi ben que na riada de fuxitivos españois sairon a fror do povo vasco e catalán, pero non a fror do povo galego, que quedou a mercede dos asesinos, e por eso a representación de Galiza no eixilio carece da brilantez e peso que merecía ter. ¿Podes ti, n-estas apremiantes circunstancias, negar o teu valioso concursoñ a unha causa que se abraza por puro deber? Noñn me dirixo a ti como a un calquera, pois entendo que necesitamos, non somentes o teu coñnsello –que ese xa sei que non-os faltará-, senón o teu nome, o teu prestixio, a túa responsabilidade, que ti representas políticamente....”

A fines de 1944, Rodolfo Prada, colaborador directo, de Castelao, realizou unha xira por Latinoamérica, co obxetivo de organizar, as Irmandades Galegas e os Grupos Galeuzca. A súa primeira escala foi Santiago de Chile, onde lle esperaba German Vidal Ramón Suárez Picallo e Celso Garrido. A iniciativa de Castelao tivo boa acollida no país andino organizándose con galegos, cataláns e vascos a sección de Galeuzca en Chile. A primeira iniciatica foi organizar unha homenaxe a Luis Companys, ó cumplirse o carto aniversario do seu fusilamento.

Os derradeiros días de outubro de 1946 é o anfitrión da visita dunha Embaixada Oficial, do Goberno Republicano no exilio, que viña á asunción do novo Presidente dese país, González Videla. A delegación, estaba encabezada, polo ex ministro Manuel Blasco Garzón, o deputado galego Elpidio Villaverde, o representante vasco Ramón Aldasoro, o catalán Pelaio Sala e o xeneral Martínez Monje. A esta embaixada oficial sumariase Germán Vidal, Suárez Picallo, o deputado Vicente Sol, e o dr. Cumilleras.

O 1 de novembro daquel ano, a representación da República, concurre o Ministerio de Relacións Exteriores, onde presentaran as credenciais. Sendo nomeados "hóspedes oficiais", poñéndolles coches á súa disposición, coa bandeira republicana e un edecán para a súa atención. O Presidente electo, era un home progresista, moi amigo da república. Durante a ceremonia de asunción, a delegación republicana, recibiu o aplauso e a solidaridade dunha multitude presente. Polo contrario, a delegación franquista tivo que soportar fortes gritos e chillidos.

Ó rematar os actos protocolares oficiais, a delegación republicana obsequiou, cun xantar, ás delegacións extranxeiras amigas. O mesmo realizouse, nos salóns do Centro Republicano Español, contando cunha asistencia de 500 persoas. O gran poeta chileno Pablo Neruda, presente no xantar dixo unhas palabras de solidaridade, rematando o acto Germán Vidal, Presidente do Centro.

Os días seguintes continuaron os actos sendo os mais destacados, a homenaxe a O' Higgins patriota chileno. A recepción na embaixada Rusa, festexando o aniversario da revolución. A festa dos ferroviarios, co motivo do aniversario da colocación ,do primeiro riel ,en Chile, Etc.

Vidal, Picallo y Manuel Celso Garrido conquiren consolidar nos anos 50 un grupo galeguista-republicano na colectividade galega residente en Chile. O primeiro mencionado presidía o Centro Republicano, Picallo era membro do Consello de Galicia e Garrido era o delegado en Chile do Goberno galego no exilio. Os tres fixeron durante moitos anos un trío cheo de patriotismo.

German Vidal (co seudónimo de" Felipe de Castro") e Ramón Suárez Picallo emitirá un programa radial denominado" Galicia en el Aire". A audición radial emitíase tódolos días de 12,30 a 13 horas menos os domingos que se trasmitía de 12 a 12,30 pola famosa radio" La Americana".

Germán Vidal faleceu o 13 de maio de 1960 na cidade chilena de Concepción.

O periódico “Opinión Gallega” de Buenos Aires, sinalou tra-la súa morte: Era Germán Vidal unha das figuras saintes da Galicia peregrina, da longa fileira de eisilados galegos que preferiron afrontar a rixidez e tristura do desterro, denantes que sometérense e escravitude cívica imposta polo réxime totalitario que sofre a nosa patria.

Avogado, escritor, orador e home de folgada posizón ecónomica, deuse con paixón a causa da democracia, da liberdade e da democracia, da liberdade e da autonomía galega representada polo partido de Esquerda repubricán que tiña a don Manuel Azaña por lider máximo...”.

Lois Pérez Leira

 
         
     
Germán Vidal Barreiro, Alcalde de Noia, 1930-1936.
   
 
Os dous Alcaldes de Noia durante a Segunda República xunto con outras personalidades da vila. O cuarto arriba dende a esquerda Germán Vidal.
 
Germán Vidal o terceiro pola dereita xunto a Suárez Picallo o primeiro da dereita, no Centro Republicano en Santiago de Chile.
 
Germán Vidal, morto no exlio chileno o 13 de maio de 1960.