Historia
dos centros galegos e asociacións da emigración |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
Casa Galicia de Bos Aires No mes de setembro de 1918 catro asociacións galegas deciden fusionarse para fundar Casa de Galicia. José Barrio foi o promotor daquela fusión da Asociación Coral Gallega, a Agrupación Artística Gallega, a Junta Regionalista Gallega, A Terra e o Orfeón Gallego Primitivo. Casa de Galicia editaba unha revista, Acción Gallega, que dirixía Rodolfo Prada. Esta entidade realizou unha destacada actividade cultural impulsando a Semana Galega. En 1920 Casa de Galicia impulsa unha delegación na cidade de Bahía Blanca no sur da provincia de Bos Aires. En 1924 deciden cambios na súa orientación institucional que a levan á súa desaparición asociativa. En 1933 xorde unha nova entidade, co mesmo nome que a anterior, que fixa o seu domicilio na rúa San José e edita a revista Anduriña. Primeira comisión directiva, composta por:
|