Historia
dos centros galegos e asociacións da emigración |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
Centro Galego de Bos Aires O
primeiro Centro Galego fúndase en Bos Aires en 1879, mais desaparece
por mor de enfrontamentos persoais en 1892. Un ano despois o destacado
debuxante José María Cao con destacadas figuras da colonia
intenta novamente o relanzamento do Centro pero a iniciativa fracasa.
Será finalmente fundado o Centro Gallego o 2 de maio de 1907.
A súa primeira comisión estivo constituída por:
Antonio Varela Gómez, como presidente; Julio de la Cuesta,
como secretario, e Nemesio Martínez, José N. Suárez,
Antonio L. Vidal, Hipólito Estévez, Severino Castamón,
R. Rumbó, M. Sueiro Casado, Sebastián de León,
Eliseo Areal, Leopoldo Martínez, M. Jordán González,
José Lareu e Fernando Lorenzo Rico. |
||||||||||||||||||