Historia
dos centros galegos e asociacións da emigración |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
Fogar Galego para Anciáns O Hogar Gallego para Ancianos foi
unha das iniciativas máis solidarias da colonia galega na Arxentina.
Fundouse o 29 de xuño de 1943. Un dos fundadores, o Doutor
Gumersindo Sánchez Guisande, relata a historia da fundación:
“No ano 1942 estabamos reunido no café A Asemblea da Avenida
de Maio, un antigo residente bonaerense don Miguel Portela, xunto
a dous recén chegados, Horacio Bermúdez Abente e eu.
Ese día o xornal La Prensa traía a nova nun recadro
de que se atopou morta a causa do frío a unha anciá
galega, natural de Ourense. A emoción consecuente que nos causou
o feito fíxonos reaccionar do xeito máis lóxico
e dicir ‘Para máis galega! Temos que buscar un lugar para resgardar
a estes desherdados da sorte’. Pensamos en ir ver Jacobo André,
da firma “André e Touriño” e cara a alá nos diriximos.
No camiño topamos co poeta Arturo Cadrado, que nos acompañou
á entrevista...”. |
||||||||||||||||||