Compañía Trasatlántica Española

En 1850 iniciou as actividades comerciales e navieiras do seu fundador, Antonio López, Marqués de Camillas, en Cuba. En 1861 concedeuselle a exclusiva de pasaxe e correos entre España, Cuba, Porto Rico e Santo Domingo. A primeira liña fora entre o Cádiz e A Habana. Foi lexitimamente creada en Barcelona no ano 1881 e xa no cambio de século cara o dezanove contaba con 33 navíos, vinte máis ca no seu comezo. Citaremos por exemplo o Santo Domingo, o Veracruz, o San Ignacio de Loyola, o Baldomero Iglesias ou o Buenos Aires. No 1900 ampliaronse as liñas para America do sur e Nova Iorque dende Xénova con navíos e vapores da envergadura do Alfonso XIII, o Montevideo, o Ciudad de Santander ou os buques bandeira da compañía: o Reina Victoria Eugenia e o Infanta Isabel de Borbón.
Chegou a Guerra Civil Española e os servizos da compañía foron suspendidos, moitos navíos afundíronse a mans dos nacionais e outros apresados por paises veciños.
Durante a Segunda Guerra mundial variáronse as rutas. Rematado o conflicto continuouse cubrindo a liña de pasaxeiros ata Nova Iorque, sendo en 1974 cando fixose a derradeira viaxe. Non obstante a compañía proseguiu operando no transporte de carga. No 1978 foi estatizada e no 1994 privatizada. Hoxe serve varias liñas entre Canarias, Marrocos, Proto Rico, Golfo de Mexico e Chile.

CRISTOBAL COLON
Construido pola Sociedad Española de Construcion Naval. Ten 152,50 m. de eslora, 18,66 de manga. Para 15.000 toneladas, velocidade de 18 nús e duas hélices. As instalacions para pasaxeiros comprenden cxamarotes e suites de luxo para un total de 530 persoas sendo dos navíos mais modernos e seguros na súa primeira viaxe en 1924. Cubría a liña entre España, A Habana, Veracruz e Nova Iorque. Embarrancou nas Illas Bermudas no 1936. Foi a derradeira vez que viuse con vida.
JUAN SEBASTIÁN ELCANO
Ë o primeiro dunha serie de tres buques destinados a cubrir a ruta cara Venezuela. Botouse á mar en Sestao no ano 1926. Contaba con 145, 13 metros de eslora e 17,14 metros de manga. No seu interior era similar os navíos Marques de Comillas e o Magallanes: era unha disposición luxosa, con hall de grandes dimensions, sala de música, comedores renacentistas, Camarotes para 149 pasaxeiros de primeira clase e 53 en segunda e 39 en terceira. Contaba con 528 liteiras para emigrantes.
MARQUES DE COMILLAS
Buque amdrinado pola infanta Isabel de Borbón. Botado ao mar no Ferrol en 1927. Cubría a ruta con America do Sur. Tiña as mesmas dimensións que os seus xemelgos (Magallanes e Elcano). Posuía 832 liteiras para emigrantes nas entrepontes, a máis de preto de 240 pasaxeiros nas tres clases. A confortabilidade e o luxo eran características deste buque.

MARQUES DE COMILLAS
En 1940 foi restaurado reducíndose as dúas chemineas nunha soa.

INFANTA ISABEL DE BORBÓN
Xemelgo do Reina Victoria Eugenia, lanzouse ao mar no 1913 cubrindo a ruta Barcelona- Bos Aires. No 1931 pasouse a chamar Uruguay. E na guerra civil española estivo inactivo ata que foi afundido xunto co Reina Victoria Eugenia. A organización que tiña no seu interior estipulaba tres categorías para a primeira clase que diferenciábase notoriamente da segunda e terceira clase.
REINA VICTORIA EUGENIA
Construido nos asteleiros británicos Swan, Hunter & Wigham Richardson, botouse ao mar en 1913 para 10.137 toneladas, e 2.143 pasaxeiros baixo o mando do capitán Castellá, foi un dos mellores navíos da mariña mercante española. En 1931 foi rebautizado como Argentina e pasou a servir a liña Barcelona- Bos Aires, con escala en Santos. En 1939 foi afundido en Barcelona durante un bombardeo da aviación nacionalista.