Hamburg Sudamericanische
Esta compañía, que co paso do tempo chegaría a ser a principal armadora alemá en servizo cos portos sudamericanos, fundouna en Hamburgo August Bolten e varios asociados ingleses, entre eles o propietario dun importante estaleiro Charles Mitchell. A compañía transportaba non somentes mercaderías imprescindibles para o mercado europeo, tamén transportaban pasaxeiros e principalmente emigrantes.
Entre os primeiros navíos contábase na compañía co vapor Santos, un de tantos barcos que saíran do estaleiro, antes mencionado, de Charles Mitchell & Co. Corría o ano 1869. Aos poucos foron sumándose os buques Río e o Brazilian, sempre cubríndo as mesmas rutas comerciais.

Previndo o éxito impredecible da compañía e para cumplir coas expectativas que pintaban próximas, a compañía refundouse no ano 1871, un 4 de novembro que presentaba a nova empresa baixo a denominación de Hamburg - Südamerikanische. O recén elexido presidente da compañía Heinrich Amsinck decidiu ampliar a frota e mailas rutas comerciais. Novos portos internacionais sumaronse aos destinosfinais dos buques da compañía. Enténdase ben, os emigrantes de fins de século tiñan nesta unha compañía forte para chegar máis preto dos seus anhelados soños.

A principios de século a compañía presentábase para cubrir as rutas de correo, paquetería, pasaxeiros e mercancías cara toda Sudamérica dende os portos europeos máis importantes no momento: Lisboa, Liverpool, Londres, Vigo, Bahía, Valparaíso, Hamburg, Rosario, Buenos Aires, Antonina, Pelotas, Cap Roca, Cap Trafalgar, Cap Verde e Babitonga eran alguns dos navíos que aumentaron a frota de buques desta empresa, unha das máis coñecidas e importantes do momento tocante a historia da emigración.

Según contan os textos que se conservan respecto aos buques da compañía, a tripulación de tódolos seus navíos debían saber falar correctamente o inglés e o francés, algúns deles tamén coñecían o castelán e o portugués. Cada barco dispuña de farmacia, varias sáas de operacións, garderías, postos telegráficos, gimnasios con aparellos modernos e ata xardíns de inverno. Eran buques de verdadeiro ensoñamento. Despois cada un tiña peculiaridades individuais.

Ó comenzo da primeira guerra mundial, a iso de agosto do 1914, a Hamburg - Süd tiña preto de 60 barcos baixo súa tutela. Deles 14 foron requisados en Brasil nos seus portos internacionais como pagamento persoal polo afundimento de moitos dos barcos de propiedade brasileira. Ó término da gran guerra, a frota da Hamburg - Süd precisaba restablecer as súas liñas. Para iso, mercou o Argentina e o España, aos que se sumaron o Cap Polonio e o Cap Verde que foron recuperados. A serie Monte representaba aos barcos que coma o Monte Rosa, o Monte Olivia ou o Monte Sarmiento eran barcos mixtos de grande carga de emigrantes. Traballaron na ruta cara Sudamérica nos anos 20 e 30. De feito, é na década dos trinta cando a compañía tornouse como a principal armadora do país de navíos de pasaxeiros ao servizo dos portos brasileiros e argentinos. Cada barco agocha unha ou varias historias que darían para encher follas e follas lembranzas.

Durante a segunda guerra mundial a impresionante frota foi totalmente destruida. O tratado de Postdam limitaba o rexurdimento da empresa: non podía reaparecer no mercantilismo marítimo ata o ano 1951, e só para transportar carga e pasaxeiros cara América do sur.
Nos anos sesenta, co auxe das compañías aéreas, a empresa especializouse nos cargueiros. Na actualidade a empresa está integrada por preto de cen cargueiros modernos, porta contenedores e petroleiros.

ANTONIO DELFINO Serviu nos portos brasileiros entre 1922 e 1939. A súa ruta principal era dende Hamburgo ata Bos Aires, con escalas en Boloña sur mer, Bilbao, La Coruña, Lisboa, Río de Janeiro, Santos e Montevideo.

CAP ARCONA Construído no 1907 xunto o König Wilhelm II, era un barco de alto luxo. Foi lanzado ao mar con case dez mil toneladas e 151 metros de largo. A súa tripulación tiña a obriga de atender a case que mil pasaxeiros moi selectos. Trala primeira guerra mundial foi cedido a Francia, onde traballou para a compañía Messageries Maritimes como Angers, un buque mixto na ruta cara Asia. Foi demolido en Indochina nos comezos dos anos corenta.
CAP ARCONA

CAP ARCONA

CAP ARCONA
CAP FINISTERREConstruído polo estaleiro Blohm & Voss, en Hamburgo, con 180 metros de longo, lanzouse ao mar en 1911 e realizou a súa viaxe inaugural dende Hamburgo ata Río da Prata. Case trescentos tripulantes atendían a case que 1400 pasaxeiros. En 1919 foi transferido a mariña estadounidense e nos anos vinte foi vendido a Xapón.
CAP NORTE Navío xemelgo do Antonio Delfino, tiña 160 metros de lonxitude e saíu ao mar no 1922 con destino Río da Prata. No ano 1932 foi apresado pola Norddeutscher Lloyd e renomeado Sierra Salvada ata o 1932 que recuperado por completo, nome incluído. En 1939, nunca tentativa de burlar o bloqueo aos bues alemáns pola mariña británica, tendo saído dende Santos camuflado como buque de bandeira sueca, foi apresado preto de Islandia e pasou a servir a mariña inglesa. Reformado en 1949, para uso militar recibiu comodidades para atender 336 pasaxeiros de cabina e preto de mil soldados . En 1955 fixo a súa derradeira viaxe dende Hong Kong a Southampton con 1100 pasaxeiros.
CAP POLONIOSaíu do estaleiro Blohm & Voss no ano 1914, cunhas dimensión algo pequenas; 200 de lonxitude, 21 mil toneladas, 460 tripulantes para case que 2000 pasaxeiros, emigrantes incluídos. Comezou seus labores como buque auxiliar da mariña alemá na primeira guerra mundial. En 1919, ao rematar o conflicto, fixo a sú viaxe inaugural como barco comercial: dende Plymouth ata Cidade do Cabo. En 1922 foi remozado e empregado en exclusividade para a ruta con Sudamérica. Facía as veces de cruceiro de prazer. No 1935 foi vendido para a súa demolición.
CAP POLONIO
CAP POLONIO
CAP TRAFALGAR Lanzado ao mar o 31 de xullo de 1913, tiña 168 metros de lonxitude, 436 tripulantes de cabina para case que 1800 pasaxeiros. Ó inicio da primeira guerra mundial viaxou dende América ata Europa para servir ó exército alemá, pero foi interceptado polo cañoneiro Eher.
CAP TRAFALGAR
CAP VERDEComezou súa actividade no 1900 facendo a ruta ata Sudamérica. Tiña 125 metros de lonxitude e podía acadar os 12 nús. Cunha tripulación de 187 persoas podía transportar 84 pasaxeiros de primeira clase e case que mil emigrantes. Foi cedido a compañía Lloyd Brasileiro nos anos vinte ata a súa demolición no comezo dos anos sesenta.
MONTE CERVANTES Botouse ao mar no 1927 e fixo a súa viaxe inaugural ao ano seguinte para reforzala ruta de Sudamérica. Podía transportar ata 1354 pasaxeiros de clase turista e 1138 emigrantes. O 25 de xullo do 1928 durante un cruceiro ao Ártico chocou cun iceberg e comenzou a afundir ata que foi rescatado polo buque de rescate ruso Krassin. Trala súa reparación foi reasignado para os cruceiros.
MONTE OLIVAOs navíos da serie Monte, todos feitos nos estaleiros de Blohm & Voss, eran cinco, pero o Monte Olivia foi un dos máis destacados que comezou seus servizos no 1925. Serviu a ruta sudamericana durante catorce anos, combinando tamén con cruceiros polo mediterraneo, Terra de Fogo e Noruega ata 1939 cando comezando a segunda guerra mundial procurou refuxio en portos do Brasil. Tras conseguir cruzar o atlántico en pleno conflicto, únese a frota alemá de guerra ata o seu afundimento no 1945.
MONTE OLIVA
MONTE OLIVA
MONTE PASCOAL A sú viaxe inaugural foi ata Río da Prata no 1930. Navegou sen grandes sobresaltos nesa ruta ata que en 1939 foi sorprendido no porto de Bos Aires. Escapando do bloqueo que existía contra os buques alemáns, conseguiu cegar ao porto de Hamburgo. En 1940 foi tranformado en buque aloxamento da mariña alemá. En 1944 quemouse e afundiuse parcialmente. Remozouse e ao ano seguinte a mariña inglesa non tivo piedade con el e afundiu no mar do Norte.
MONTE ROSA O 4 de decembro de 1930 lanzouse ao mar e ao seguinte ano fixo a súa viaxe inaugural na ruta sudamericana, facendo escala en todolos portos máis importantes. Tras nove anos facendo cruceiros, no 1940 converteuse en navío aloxamento para as tropas alemanas durante a segunda guerra. No 1944 case que afunde por mor dunhas bombas inglesas. Foi remozado e convertido en buque hospital, ata que nese mesmo ano foi capturado e cedido a New Zealand Line para cubrir a ruta cara Asia. En 1954 cando viaxaba ata Yokohama foi intencionadamente incendiado e afundido.
MONTE SARMIENTO Coma un máis dos da súa serie, viaxou ata Sudamérica trala súa botadura no 1924. Cunha tripulación de 280 pasaxeiros podía transportar case que 1500 pasaxeiros e outros tantos emigrantes. Durante quince anos trouxo milleiros de emigrantes europeos ás portas de Arxentina, Uruguai e Brasil principalmente. Coma os demáis da súa serie, co gallo da segunda guerra mundial converteuse en buque transporte de tropas alemás. A comezos de 1942 e tras un bombardeo inglés no porto de Kiel, afundiu.
TUCUMÁN