Escolas fundadas polas Sociedades da Emigración
 

 

Escola Aurora del Provenir

A escola tomiñesa naceu en Río de Janeiro por iniciativa duns amigos e veciños de Tomiño residentes en Brasil, que decidiron crear unha asociación para recaudar diñeiro e así construir unha escola como a que non tiveron eles na súa infancia. O fin era evitar por medio da instrucción da cultura e a educación que seguise producíndose unha masiva marcha cara América. A escola inaugurouse en setembro de 1923 nun local cedido provisionalmente pola Sociedad de Obreros y Agricultores de Figueiró y Estás.

A comezos dos anos trinta trasladáronse a un edificio que a Sociedade inaugurou en Tomiño, no que colaborou o emigrante residente en Brasil Abdón Alonso Alonso na súa construcción.

Na escola había espazo para as aulas, as instalacións deportivas e máis un campo de experimentación agrícola. A sociedade que creara a escola abriu novas sedes en Lisboa, Arxentina e Montevideo, e a escola foi matizando a súa orientación cara o modelo que xa esistía na Arxentina. O sono dunha educación libre e innovadora rematou o 18 de xullo de 1936 cando a escola foi confiscada pola Organización Sindical do goberno de Franco.

Na actualidade alberga unha escola infantil.

 

 
         
 
A escola hoxe