Escolas fundadas polas Sociedades da Emigración
 

 

Cooperativa Rural Escolar aneja a la nacional de niños

Co apoio económico da sociedade de Bos Aires “Fomento de Porriño y su Distrito” o mestre Luis Carragal Peón desenvolveu en Budiño, no concello de o Porriño a Cooperativa Agrícola Escolar de Budiño, entre os anos 1932 e 1936. Mentres os nenos aprendían a ler e escribir, gozaban das ensinanzas dos coidados vexetais nas 87 hectáreas de xardíns e fincas.
Luis Carregal era un mestre con moi boas miras cara un modelo de escola moi avanzado; seu proxecto pedagóxico bebería de moitas fontes. Non só do modelo de ensino francés, senón de Joaquín Costa, político e profesor da Institución Libre de Enseñanza de quen aprendeu a necesidade de fomentar o amor ás árbores . Neste senso, potenciou os xardíns na escola e o seu estudo e traballo neles. Tamén afirmaba na súa obra Oligarquía y caciquismo que ”del mismo modo que tenemos una agricultura del siglo XV, impotente para servir de base a un Estado de siglo XX, tenemos una escuela del siglo XV, impotente para proveer de sabios, de estadistas, de industriales, de inventores, de marinos, de generales, a una nación del siglo XX”.

Os nenos, como segue a dicir o profesor, “van a la escuela no sólo a repetir la lección fría de los textos, sino también a enfrentarse con las lecciones palpitantes de la naturaleza, a emocionarse ante el milagro cósmico de una semilla en cuya entraña diminuta están contenidos en potencia todos los graneros del mundo”.

O sistema de financiamento para manter a escola aberta foi a cooperativa: cada neno adquiría a súa condición de socio mercando unha acción de tres pesetas. Isto dáballes dereito a recibir semente seleccionada, prantas e abonos químicos a un prezo especial; a participaren nas ganancias obtidas na venda dos productos, e a acollerse aos descontos que determinados comerciantes facían aos membros da Cooperativa. O éxito provocou a extensión temática da escola creando un taller de apicultura, outro de avicultura e o de cunicultura.

A experiencia desenvolvida por Luis Carragal Peón, que rematou ao iniciarse a Guerra Civil, suscitou un notable interese no seu tempo, gozou do recoñecemento de diversas instancias oficiais durante os gobernos da Segunda República, e foi obxecto de numerosas visitas e premios. O comezo da guerra civil foi o comezo da súa fin. Nembargantes as escolas de Galicia colleron no futuro as mellores ideas pedagóxicas do Mestre Carragal Peón.

 

 
         
     
Actual estado do edificio en Budiño