Escolas da filantropía particular
 

 

Colexio San José. A Guarda

A construcción deste predio débese a unha iniciativa persoal da veciña da Guarda: Dona Vicenta Rodríguez Cachada. Unha muller caritativa e de bo corazón que, mesturando a filantropía cunha ampla caridade cristiá, tivo a extraordinaria sensibilidade de intentar aliviar parte das consecuencias do desarranxo económico-social que, a finais do século XIX, había na vila da Guarda. Unhas diferencias notabeis dentro da comunidade mariñeira que, segundo testemuños da época, caracterizábase pola “súa fonda pobreza e total incultura”.

O colexio de San José edificouse na vila mariñeira da Garda e a súa inauguración tivo lugar no mes de marzo de 1894. Dona Vicenta Rodríguez Cachada, herdeira da fortuna que seus irmáns Juan e Higinio fixeran en Porto Rico co negocio da importación, legou tal fortuna logo do seu pasamento no 1893 á madre superiora do noviciado de Relixiosas Carmelitas da Caridade en Vitoria. Con ese diñeiro construíuse nunha das fincas de Dona Vicenta (El Castillo) unha escola para impartir a docencia gratuitamente a nenas de escasos recursos da localidade.

O seu verdadeiro nome era Vicenta Rodríguez Fernández, filla Juan Rodríguez e Rosa Fernández. Segundo unha vella costume familiar se lle coñecía polo alcume ou xentilicio de “Cachadas”, razón pola cal a propia Dona Vicenta, empregou e asinaba contemplándoo como segundo apelido. Tivo un fillo que emigrou a Poto Rico, mais, ao pouco tempo, finou. A súa falla de descendencia a levaría a ser unha señora pródiga en abondosos actos de caridade que, ao final, cristalizaría no desexo de construír un colexio de balde para os nenos. Materializar esta arela tamén foi posíble grazas a fortuna que herdou dos seus caudalosos irmáns que tamén finaron prematuramente na antilla de Puerto Rico. Dona Vicenta finou no ano 1893, aos 63 anos, mais, meses antes, asesorada polos seus confesores, xa tiña afianzado a empresa pola que sería lembrada polos guardeses.

Con ese diñeiro construíuse unha escola para impartir a docencia gratuitamente a nenas de escasos recursos da localidade.
Os planos do Colexio foron realizados polo xesuíta Padre Ojea e sufragado por Bernardo Alonso.

Según rezan algúns documentos que se conservan, o colexio paliou o problema do ensino nas clases humildes da sociedade guardesa, xa que as escolas públicas eran insuficientes para tanta demanda. Para as familias acomodadas quedaba o recurso de enviara as súas fillas ás grandes poboacións, onde se educaban a cambio de cuantiosos gastos. Na actualidade o edificio permanece pechado, logo do traslado do colexio a outro local máis acorde coa demanda.

 

 
     
   
O edificio da escola
 
O antigo edificio do colexio estivo en activo ata 1980