Escolas da filantropía particular

 

Escola da Fundación Peirópolis. Estás. Tomiño

Escola de ensino primario, na parroquia de Estás no concello de Tomiño. Foi promovida por Abdón Alonso Alonso, emigrante no Brasil a través da Fundación Peirópolis.

Abdón nacera en Estás aló polo ano 1874. Emigrou a Brasil en1880 onde se iniciou en diversos traballos en Ribeirao Preto e máis adiante en Peirópolis, no estado de Minas Gerais. Fixo a súa fortuna cultivando arroz, gando e traballando as minas de cal.

Abdón ordeou levantar o edificio escolar en terreos da súa propiedade, uns que estaban na mismiña beira do río Miño. O edificio segue a manter a súa actividade inicial albergando un centro de ensino infantil. Non só quedou neste intre a actividade filantrópica de Abdón Alonso, senón que contribuíu cun importante donativo a Sociedade Aurora del Porvenir para erixir en Tomiño ao mesmo tempo unha escola e outra cun orfanato na mesma cidade brasileira onde residía, Peirópolis.

Fonte. Xosé M. Malheiro Gutiérrez


         
     
Edificio Actual da histórica escola