Colexio
da Inmaculada Concepción. Marín
Narciso Orelo García veu nacer no 1815. Tras facer fortuna
na Arxentina, tronou a súa vila mariñense na que dedicou
gran parte da súa riqueza persoal e económica no levantamento
dunha escola de “señoritas”. Sería e foi un gran centro
de ensino gratuito para alumnas de curta idade. O proxecto non era
seu, senón do cardenal Martín de Herrera, que conseguiu
aglutinar todalas forzas posibles para que no 1900 abrise as súas
portas o “Colegio de la Inmaculada Concepción” coma un proxecto
de promoción do ensino primario, parcialmente gratuito, xa
que mantíñase polas achegas das alumnas de pago e das
vendas dos productos da finca e hortas pertencentes ao cardenal e
as relixiosas “Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl”
Á súa morte no 1894, Narciso Orelo García, como
filántropo de Marín, non só deixara esta escola,
senon outras institucións.