Escolas da filantropía particular
 

 

ESCOLA DE CHAN DE ATAÚDE. A Lama

Escola construída na parroquia de San Martiño de Berducido pola obra do benefeitor Domingo da Laxe González, un indiano que fixo fortuna co comercio entre Mexico e Filipinas. 1746 é o ano no que data o seu legado no que se especifica o destino dunha doazón para a súa construcción. A institución mantívose por sí mesma ata 1857, data na que, por mor da lei Moyano pasou a encher a lista de escolas de grao elemental de ensino público.

Fonte: Xosé M. Malheiro Gutiérrez
 
         
 
Monumento ao emigrante en A Lama