Escolas da filantropía particular
 

 

Escola de Gaxate. A Lama

O filántropo a quen debemos esta escola chámase Wenceslao Barreiro Muíños, quen dende 1895 fixo fortuna xunto aos irmáns Barcia Boente en Tapiche, río Branco e o Yucurí. Cando regresou a Galicia construíu a escola que hoxe é unha vivenda unifamiliar; formou parte da primeira xunta municipal republicana da Lama en 1931. Na América dedicouse desinteresadamente a repatriar enfermos e a enviar medicinas e outros materiais de necesidade para Galicia.

 
         
 
Vivenda hoxe, Escola onte