Escolas
da filantropía particular |
||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||
Escola de San José. Barcia de Mera, Covelo O desinterese do filántropo Agapito Serra Fernández, natural desta mesma vila covelense, fixo posible a construcción de dúas edificacións conxuntas no tempo. Por un lado Agapito Serra, que emigrara e fixera fortuna no Brasil, mandou construir unha capela para a parroquia e unha escola para sesenta alumnos e casa para o mestre. Os veciños, en agradecemento pola súa devoción, erixiron un busto no recinto escolar, cunha placa na que se pode ler: “Al filántropo D. Agapito Serra Fernández. Homenaje de sus amigos y admiradores. 18 de agosto de 1931”. |
|