Escolas da filantropía particular
 

 

Escola de Soutolongo, Lalín


Esta escola inaugurouse en 1925 cando o filántropo Manuel González Gamallo visitaba as terras onde nacera. Pero ¿quen era Manuel González Gamallo? Tres foron os irmáns que viaxaron ata a Arxentina, Manuel, Antonio e Benito en 1885. Manuel, que marchara con 16 anos, fundou xunto cos seus irmáns unha axencia de cambios que veuse en chamar “González Hermanos”. Na asociación Hijos del Partido de Lalín tamén ocupou altos postos na administración e dirección. O edificio “situado en el centro de la parroquia, está destinado a escuela mixta, niñas y niños con dos amplias aulas separadas, dotado de excelentes condiciones de confort e higiene, de material docente moderno y completísimo. El estado solo costeará el maestro y el ayudante. Todo lo demás pertence al cuidado de los donantes” (Céltiga nº 48).

Hoxe o edificio, antaño escola, alberga a sede social do centro cultural Vistalegre. Nese mesmo edificio conservase unha placa na que se pode ler o recoñecemento dos veciños de Soutolongo para con a familia González Gamallo.

 
         
     
A escola, hoxe