Escolas da filantropía particular
 

 

Escola De Cornazo. Vilagarcía de Arousa

A escola veuse inaugurar no lugar de San Pedro de Cornazo no ano 1854. Era unha escola para alumnas exclusivamnete. Deste xeito o ensinante era unha mestra (a primeira foi a profesora Bouza Trillo) á que se lle dispuso unhas estancias no mesmo edificio da escola. Pero, ¿Quen era o filántropo a quen agradecerlle esta doazón? Chamábase Agustín Romero García, emigrara ao Uruguai no 1854. Amasou fortuna invertindo na compraventa de terreos e noutras empresas o que gañara nos negocios agrícolas.

Según se pon de manifesto nas actas de entrega de edificios e demáis material para a escola de nenas en Cornazo, Agustín Romero mandou levantar un edificio “ por amor a su patria y muy especialmente a los vecinos de esta parroquia en que ha nacido y en el vehemente deseo de combatir el analfabetismo”.

En Vida Gallega explicábase a intención de ensinar ás nenas a ler e escribir “y otros conocimientos superiores, aquellos niños que antes estaban condenados a perpetua ignorancia o al sacrificio de un largo viaje” cara a emigración.

No ano 1928 Agustín Romero cedeu o local da escola ao concello de Vilagarcía, máis unha renda anual de 100 pesetas.
Hoxe xa non se conserva o debandito edificio.

 

 
         
 
Antigo edificio da escola