Intitucións patrióticas da emigración


Sociedade Nacionalista Pondal

“Contra o ano 1925 un grupo de entusiastas patriotas galegos de Bos Aires, a maioría deles novos, constitúense en Irmandade Nazonalista Galega en Bos Aires. Esta agrupación, ao pouco tempo, había de engadir á súa denominación o apelido do rexo bardo de Ponteceso, en quen vían máis e mellor representadas as virtudes raciais do noso pobo”. Así relataba Alberto Vilanova a fundación da Sociedade Nazonalista Galega Pondal. A devandita entidade arredista edita en 1926 o xornal A Fouce. Entre os fundadores da Pondal podemos nomear a: Lino Pérez, Vicente Barros, Francisco Lamas, Manuel Oliveira, Moisés da Presa, Antón Zapata García, Bernardo Souto, Luis Ares, Ricardo Flores, Antón Castro, Xulio Carballo, etc.

Esta entidade coincidiu no tempo coa Peña Galeguista Céltiga, que dirixían Suárez Picallo, Blanco Amor, Abraira, etc. Ambas as entidades foron a base fundamental da promoción do nacionalismo galego na Arxentina.

Durante unha etapa a Sociedade Pondal estivo adherida á Fede-ración de Sociedades Galegas, Agrarias e Culturais. Os integrantes da Pondal incorporaranse posteriormente, tras a chegada de Castelao a Bos Aires, ás Irmandades Galegas.

 
 
Xantar de camaradaría da Pondal.
   
     
 
     
   
Julio Carballo
Bernardo Souto
   
Manuel Oliveira
 
Antón Castro
   
Antón Zapata García
 
 
A Fouce xornal editado pola Sociedade Nacionalista Pondal en Bos Aires.