Enciclopedia da emigración
galega
O
Departamento de Migración da Confederación Intersindical
Galega ten entre os seus principais obxectivos a atención
administrativa e a orientación laboral dos emigrantes galegos
retornados e os seus familiares. O achegamento á poboación
inmigrante na Galiza da realidade cultural e nacional galega ademais
da axuda e orientación nos ámbitos administrativos
coa Administración española ou coa Adminitración
galega.
CIG-Migración
defende os postulados da Confederación Intersindical Galega
como sindicato de clase que defende a identidade nacional de Galiza
e a autoorganización dos traballadores e traballadoras,
que practica a solidariedade e o internacionalismo, que considera
un principio fundamental a democracia e a participación,
que respecta o pluralismo, que mantén a independencia respecto
de calquera outra organización ou institución, que
se expresa en galego e impulsa a cultura e o idioma próprios
de Galiza.
O
Departamento de Migración da CIG entende a emigración
como un feito sustantivo na historia, no presente e no futuro
de Galiza. Un feito desgarrador cunha historia aínda por
estudar e difundir na que leva xa varios anos aportando traballos.
A
Recuperación da Memoria da Emigración galega é
unha das principais tarefas de CIG-Migración comprometida
coa construción nacional do noso país en pé
de igualdade e solidariedade con todos os países do mundo.
A
difusión deste traballo, a recuperación do esquecemento,
do anonimato da memoria gráfica, escrita, oral da emigración
galega no mundo é tamén un aporte á historia
dos países de acollida desta emigración, porque
os galegos e as galegas souberon integrarse nestes países,
participar nas súas loitas e morrer polas súas novas
patrias sen esquecer nunca a única e verdadeira patria
que dicía o poeta: a infancia.
Esa
patria da infancia que representaba Galiza chega a súa
madurez coa difusión da nosa historia que non é
máis que unha célula de universalidade através
dos homes e mulleres que levaron o noso xentilicio a través
do mundo.
|