Xornais e revistas de Cuba
Galerías 1 2 3 4

TÍTULO: A Gaita Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
Publicación totalmente en galego

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: 5 de xulio de 1885 ata o 18 do nadal de 1887.
O 20 de xulio de 1889 reaparece como suplemento de “El Eco de Galicia”, por poco tempo xa que no mes do nadal do mesmo ano deixa de saír.

FORMATO: periódico de formato pequeño, de certa maneira inspirado no libro auroral de Xoan Manuel Pintos (publicado en Pontevedra en 1853).


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundador e director: *Chumín de Céltigos (seudónimo do poeta ortigueirés Ramón Armada Teijeiro) e Roque d’as Mariñas (seudónimo de manuel Lugrís Freire, quen estivo vencelledo a esta empresa somente nos primeiros números)

ADMINISTRADOR:
*Chumín de Céltigos e Roque d’as Mariñas (participa nos primeiros números)

OBSERVACIÓNS: Un firme patriotismo, que se asenta básicamente na lingua e o que destaca desta publicación.
O mesmo tivo moi boa acollida non sóio entre nosos emigrantes senón tamén por parte da prensa habaneira e dalgúns periódicos do interior de Cuba.
Insértanse poesías, narracións, artigos e crónicas, historia, lendas, refráns, música popular, comentarios da cultura, etc.

TÍTULO: Aires da miña terra

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Boletín da Sociedade do mesmo nome (Pequena entidade mutual e benéfica. En 1892 tiña tres médicos e dous dentistas)

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en xulio de 1892
FRECUENCIA: mensual

FORMATO: tabloide-Bilingüe

ILUSTRACIÓNS:

NÚMERO DE PÁXINAS: 4 páxinas

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Dirixido por José Novo García

ADMINISTRADOR: Delmiro Vieites

LOCALIZACIÓN:

OBSERVACIÓNS: En maio de 1910 comenzaría a saír en Bos Aires unha publicación co mesmo nome, na homenaxe a Curros Enríquez, quen morrera na Habana dous anos antes.
Colaboradores: Curros enriquez, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, Concepción Arenal, Manuel Lugrís Freire, Alvaro de La Iglesia, Enrique Novo.

TÍTULO: Airiños da miña terra

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Se di: “Consagrada a la propagación de la literatura gallega y órgano de los gallegos emigrados en América Latina”
-Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: Comenzou a publicarse 10 de maio de 1909

FRECUENCIA: decenal

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

NÚMERO DE PÁXINAS:

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Juan Vicente Martínez-Luis Covisa

OBSERVACIÓNS: Insértanse biografías de persoalidades galegas: Fr. Martín Sarmiento, Pastor Díaz, francisco Añon, Méndez Nuñez, Maximino Ramos, Juan de Pallares, etc. Abundan os traballos en galego, cántigas e contos populares, poesías de Añon, Pondal, Xenaro Mariñas, M. Novo Costoya, Luis Pardo, Emilio Martínez; narracións de Labarta Pose, Ricardo Carballal, Alvaro Dios Villar, Manuel Vidal, Xesús R. López e Manuel Carrillo.

TÍTULO: Alma Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: publicouse no ano 1910
- bilingüe

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: revista

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Antón Villar Ponte

OBSERVACIÓNS: de breve andaina

TÍTULO: Alma Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “defensora del prestigio y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba”
- Bilingüe
- Era o órgano informativo do partido Unión Progresista Gallega, pro Centro Galego. (Dous anos antes, este partido comenzara a editar “La voz gallega”, en castelán, baixo a dirección de Eduardo P. Marzoa. O feito de que esta nova publicación incluía textos en galego, pensamos que se debe á fecunda presencia de Castelao na Habana, entre novembro de 1938 e febreiro de 1939).

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en nadal de 1939.
FRECUENCIA: mensual
FORMATO: revista
ILUSTRACIÓNS: con ilustracións


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Luis Reynante Losada

OBSERVACIÓNS: Denuncia a conducta dos directivos do Centro en primeiro lugar a do seu presidente, Cayetano García lago, de tendencia falanxista.
Reprodúcense algúns dibuxos de Castelao, principalmente do libro “Cincuenta homes por dez reás”. Tamén retrato de Curros.
Menciónase moi seguido a Antón Villar Ponte, a raíz de teren sido expulsado do Centro uns cantos socios, recórdase con énfasis ao xornalista combativo expulsado, por quen sinten unha grande simpatía os que fan a revista. (Talvez por eso lle puxeron o mesmo nome da que A. Villar Ponte dirixira nesta cidade).

TÍTULO: Alma Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano radical de las aspiraciones de la Región”

Escrita en Castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a aparecer o 6 de xaneiro de 1917
- Só saíron uns cantos números

FRECUENCIA: semanal

FORMATO: revista


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Luis E. Rey (periodista e pedicuro, rexía un salón quiropédico na habaneira rúa de Neptuno, ó tempo que batallaba no ámeto das institucións galegas da emigración).

LOCALIZACIÓN:
OBSERVACIÓNS: Aparecen traballos de temática diversa, que van dende Colón até os éxitos do mestre Chané. Destaca Abdón Rodríguez Santos, sobre os problemas dos emigrantes. A revisdta é en xeral favorable á acción do Centro Galego, e divulga as actividades do mesmo.

TÍTULO: A Terriña

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “de información, recreo, ciencia e instrucción”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en outubro de 1908
- Encontraronse 39 números

FRECUENCIA: semanal

FORMATO: revista

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:

Director: Luis E. Rey
Xefe de redacción: Jesús Díaz

ADMINISTRADOR:
1º Gerardo Iglesias
2º Juan Mª Chenard

OBSERVACIÓNS: Publica noticias de Galacia e das sociedades galegas de Cuba, aborda cuestións forais, combate o caciquismo, informa sobre teatro, música, efemérides, etc.

 

TÍTULO: A Tierra Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
-Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en abril de 1894 e deixa de saír en novembro de 1896

FRECUENCIA: semanario

FORMATO: tabloide


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundador e director: Manuel Curros Enríquez

ADMINISTRADOR:
1º Laureano Carrillo
2º Curros Enríquez
3º José Baña

OBSERVACIÓNS: Encontranse arigos de Aureliano J. Pereira, Luis Rodríguez Seoane, Aurelio Ribalta, Federico Maciñeira, Bernardo Barreiro, Jesús Rodríguez López, etc.
Aparecen noticias de Galicia, informa sobre a laboura de diferentes institucións galegas en Cuba, en particular da Sociedad de Beneficencia de naturales de Galicia e do Centro Galego.
En febreiro de 1895 estalou a Guerra de Independencia. O semanario manifestabase abertamente oposto á loita dos independentistas cubanos, e apoiados polas editoriais arremete contra Máximo Gómez, Antonio Maceo e outros líderes.

Menoria Caja de Ahorros y Banco Gallego S.A. 1929

TÍTULO: Boletín de la Asamblea de Apoderados del Centro Gallego

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Gaceta oficial”, onde se recollía textualmente todo canto se decía nas sesións da Asamblea, un libro de actas con debates, informes de comisión especializadas, balances, contabilidade, teatro, colexio, etc.

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse no ano 1915, ata 1955 ou 1960. Ata que o Centro Galego desapareceu.

FORMATO: boletín

NÚMERO DE PÁXINAS: 300 páxinas.

OBSERVACIÓNS: de acordo cos estatutos, as sesións ordinarias celebrábanse o primeiro domingo dos meses de febreiro, xunio e outubro.

TÍTULO: Boletín de Propaganda de la Sociedad “Unión Mugardesa”


SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Órgano da Unión Mugardesa
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: se editou entre 1946 e 1958.

FRECUENCIA: semestral

FORMATO: boletín

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
* Gabriel Míguez Deus
* Colaboraba en veces Manuel Roldán

OBSERVACIÓNS: Trátase dun boletín de escaso interés para os que non fosen membros da entidade. Reseña festas, cumpleaños, bodas, mortes, etc.

TÍTULO: Cenit

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Órgano da Sociedad Hijas de Galicia (dado que o Centro Galego somente admitia como asociados homes adultos, fundouse esta institución mutualista para atender ás mulleres e ós nenos).
“Revista dedicada a la mujer y al niño” - Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a saír en xulio de 1938 ata o nadal de 1960.

FRECUENCIA: mensual

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
1º director: José Alvarez Nuñez
2º director: José Antonio Clark (que ao mesmo tempo rexía o sanatorio Concepción Arenal)

Subdirector: Daniel Mosquera
Xefa de redacción: Amada Borges

ADMINISTRADOR:
Rosa Artiles

OBSERVACIÓNS: Ocupábase principalmente dos fins benéficos e asistencias da entidade, e divulgaba os servicios que viñan prestando á muller emigrante e ós seus fillo pequenos. A presencia da língua galega é mínima. Sóio aparecen raramente algunhas citas en verso intercaladas en artigos referidos a poetas de Galicia.

 

Memoria Chantada, Carballedo y sus comarcas 1912-1926

Instrucción, Beneficencia e lecer "Centro Gallego de la Habana"

 

Memoria Círculo Habanero

Sociedade de Instrución e lecer

LUGO-GALICIA 1917

 

Memoria Círculo Habanero

Sociedade de Instrución e lecer

LUGO-GALICIA 1916

 
Galerías 1 2 3 4