Xornais e revistas de Cuba
Galerías 1 2 3 4

Memoria Club Navia de Suarna 1928-1939

Sociedad de Instrucción Recreo y Protección

   

TÍTULO: Cospeito

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Sociedade que agrupa na Habana ós naturales de Cospeito.
- Editada en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a saír en xaneiro de 1980. É a única publicación actual galega de Cuba.

FRECUENCIA: trimestral

FORMATO: boletín

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Eliseo Cañi Sánchez
Xefe de redacción: Luis Coloma Delgado

Eliseo Fernández Villamil

OBSERVACIÓNS: Ainda que leva o nome da pequena institución cumple unha función de certo valemento, xa que trata temas como: edicións de libros, cine, música, homenaxes, entrevistas, notas sobre homes ilustres, etc.

TÍTULO: Cultura Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o 5 de abril de 1936 , ata marzo de 1940.

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: revista
ILUSTRACIÓNS: con ilustracións
NÚMERO DE PÁXINAS:

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Adolfo V. Calveiro
Subdirector: Eladio Vázquez Ferro
Xefe de redacción: José Gómez García
ADMINISTRADOR:
Jesús Iglesias Surribas

OBSERVACIÓNS: Pódese afirmar que é a derradeira publicación galega importante en Cuba. Artigos de: Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Sinesio Fraga, Jesús Peynó, Manuel Lustres Rivas, Dámaso Pérez Valenzuela, federico Maciñeira, Roberto Blanco Torres, león Felipe, Gregorio Marañon, Emilia Pardo Bazán, Valle Inclan, etc. Hai unha sección adicada a noticias chegadas de Galicia, e outra referida ás sociedades de emigrantes. Reprodúcense caricaturas feitas por castelao e por Maside, vense portadas coas imaxes de Rosalía, Curros Enríquez, Concepción Arenal, Valle Inclán, Linares Rivas e José Guede.
Ideoloxicamente mantiña unha crara posición republicana. Defendia o noso Estatuto de Autonomía. Co tempo, esta idioloxia foi decaíndo, cando comenzou a axuda do Diario de la Marina.

TÍTULO: Curros Enriquez

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Órgano da Sociedad do mesmo nome que agrupaba na Habana ós naturais do partido xudicial de Celanova.
“de beneficencia, instrucción y recreo”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en agosto de 1944.

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: revista

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Antonio Tonda Doltz
Xefa de redacción: Jorge Amador

ADMINISTRADOR:
Jesús L. Antuñano

LOCALIZACIÓN:
OBSERVACIÓNS: Básicamente informaba das actividades da institución. En galego aparecían poemas de Curros e alghunas cántigas populares. Escribían estas páxianas Ramón Marcote, Enrique González, Modesto Cendón, jesús Peynó, Ramon Blanco, O. Moure, Luis Viña, Fray Canuto, Conde Nado e O gaitiro de Milmanda.

TÍTULO: Eco de Galicia

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “ilustrada y de información regional”
-Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: anos 1917-1936

FRECUENCIA: semanal

FORMATO: revista-papel semicromado

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
1º dirixida polo seu fundador: Manuel Fernández Doallo
2º dirixida: Manuel Gondell Linares
3º dirixida: Mercedes Vieito Bouza
4º en veces dirixida por: Fernández Doallo
Director artístico: Faustino L. méndez
Xefe de redacción: J. Otero Pérez
Xefe de redacción en 1922: Antonio do Campo

ADMINISTRADOR:
ata 1919: Fermín Méndez Alvarez

OBSERVACIÓNS: foi unha das máis importantes publicacións galegas de Cuba. Os temas que aborda son: históricos, xeográficos, económicos, folclóricos, filolóxicos, literarios, artísticos, etc. “Páxina nazonalista” deste semanario, na que aparecen traballos de Vicente Risco, Manuel Banet Fontenla, Xohán Vicente Viqueira, Luis Peña Novo, Isolino Pérez, Vicente Rebollar, Basilio Alvarez, F. Rodríguez Quintana. Na revista hai traballos de Alvarez Limeses, Armada Teixeiro, Blanco Amor, Cabada Vázquez, Rosalía, Curros, Avelino Díaz, Herminia Fariña, Francisca Herrera, Eduardo Pondal, Juan Salgado, Manuel Torres, Cabanillas, López Abente, Benito losada, Lugrís Freire, Modesto Moure, etc.

 

TÍTULO: El Eco de Galicia

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “de ciencias, artes y literatura”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o 8 de marzo de 1878, ata o 5 de outubro de 1901.
* No ano 1881 interrumpe a saída por problemas de administrativos que marcaron a súa estabilidade económica, elo debeuse a dúas campañas sostidas, unha contra o Círculo de Hacendados da Habana e a outra denunciando ós albaceas do filántropo galego Fernando Blanco de Lema, que pretendían incumprir o mandato testamentario de fundar un colexio-instituto en Cée. As campañas deron os seus frutos e o semanario veu a luz de novo o 2 de xullo de 1882.

FRECUENCIA: semanal

FORMATO: revista grande

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
* Waldo Alvarez Insua
* dende a edición do 6 de xulio de 1901 en adiante o dirixe Eduardo Núñezs Sarmiento

OBSERVACIÓNS: No número 12/10/1879 lanzouse a idea de crear o Centro Galego da Habana. Un mes despois nacía a que, andando o tempo chegaría a ser unha das nosas máis relevantes institucións neste continente. Dato curioso, histórico é que o idioma galego estivo presente nesta revista dende a súa aparición. Co mesmo título desta revista , comenzará a saír anos despois en Bos Aires, 30/3/1891

TÍTULO: El Galiciano

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano oficial de la Sociedad Cívica juventid de Galicia, que dice lo que siente lo escribe porque lo que escribe es verdad”
-Escrito en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: en xulio de 1956

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: periódico de formato pequeno

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Arsenio Villate

ADMINISTRADOR:
Benito Hernández

LOCALIZACIÓN:
OBSERVACIÓNS: Sostiña unha crítica constante contra os que rexían a entidade do Centro Galego. Estaba ó marxe do acontecer de Galicia territorial.
Máis ala dos problemas do Centro, este periódico publica poesías de José Martí e de Juan de Dios Peza, traballos sobre feitos históricos de Cuba, etc.

TÍTULO: El Secante

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: (continuador de “La voz del alumno”), voceiro da Asociación de Alumnos do Palntel Concepción Arenal, do Centro Galego da Habana.
- Escrito en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a saír en novembro de 1942, nunha segunda edición que comenza en 1949

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: periódico

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: José A. García Antón (1942)
Xefe de redación: Manuel Barreiro (1942)
Director: Ariel de los Ríos Zambrana (2º edición 1949)

ADMINISTRADOR:
Juan Riveiro

OBSERVACIÓNS: Trátase dunha modesta publicación, que se ocupaba dos intereses propios dos estudantes: festas, deportes, premios, cine, problemas académicos, etc.
En xaneiro de 1944 foi prohibida a circulación , co pretesto de que se alteraba o orde no Plantel.

TÍTULO: Faro Gallego

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Voceiro dun dos partidos de opisición da importante sociedade Hijas de Galicia.
-Escrito en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: no ano 1940.
- saíron uns poucos números

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: periódico pequeno


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: José Trillo Escagedo


ADMINISTRADOR:
José Gómez Sánchez

OBSERVACIÓNS: Nel critícase á adminstración da entidade, e propoñense cambios, reformas, seneamentos. En veces aparecen acusacións de irregularides graves, e outras miudezas intrascendentes que lle restan seriedade á publicación.

TÍTULO: Follas Novas

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “científico, literario y defensor de la colonia gallega”
Inspirado o seu nome no libro homónimo de Rosalía, editado dezasete anos antes.
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o 6 de xunio de 1897, ata o 6 de setembro de 1908
- Comenzou a saír uns meses despois de ter desaparecido La Tierra gallega.

FRECUENCIA: semanario

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundadores e propietarios: Francisco J. Ramil e Antonio de P. Cea
Director: Antonio de P. Cea

OBSERVACIÓNS: Publícanse 120 traballos biográficos, os máis deles referidos a figuras galegas.
No orde literario destaca a inserción de 28 narracións e 330 poesías na nosa lingua.

TÍTULO: Fragancias

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Revista da asociación de Hijas de Galicia, da Habana. (precedeu a Cenit, órgano da mesma entidade, que comenzaría a publicarse sete anos despois).
Escrita en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: xulio de 1931
-Editouse un número soamente

FORMATO: revista

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Eduardo P. Marzoa

ADMINISTRADOR:
Manuel Campos

OBSERVACIÓNS: Ademáis de informar sobre as actividades da institución e do corpo médico, dentistas, farmacias e servicios diversos da casa da saúde Concepción Arenal, contiña variados traballos, dirixidos principalmente á muller, un artigo de Ortega y Gasset, unha narración de Concha Espina, poesías de Luis Martín e Amado Nervo, e un conto para nenos, de Gloria Fortún.

Waldo Alvarez Insua fundador de El Eco de Galicia

TÍTULO: Galicia Gráfica

-Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: o 9 de agosto de 1913
Saíron quince números

FRECUENCIA: semanal

FORMATO: revista
Cunha tirada de cinco mil exemplares

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións
A revista é verdadeiramente gráfica, pois das súas vintecatro páxinas oito están adicadas a reproducir fotográfias.

NÚMERO DE PÁXINAS: 24 páxinas

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Ramiro García (No 1916 funda Galicia nueva-Tamén se desempeñou como xerente de Heraldo de Cuba)

ADMINISTRADOR:
Francisco G. Mouriño

OBSERVACIÓNS: A pouco de ser fundada constituese nunha sociedade anónima co mesmo nome, que presidia José Méndez Parada.

TÍTULO: Galicia Gráfica

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
-Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: no ano 1923
Saíron dous números

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Miguel Fernández Seijo

TÍTULO: Galicia Ilustrada

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “científica, literaria, artística y humorística”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: o 19 de setembro de 1891

FRECUENCIA: quincenal

FORMATO: revista

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: J. Romero Hiáñez de Freyre
Redactor xefe: Julio de la Cuesta

ADMINISTRADOR:
Miguel A. Matamoros e Marcelino Vidales

OBSERVACIÓNS: publica artigos sobre literatura, folosofía, poemas, temas femeninos, actividades dulgunhas institucións galegas en Cuba, noticias de Galicia, crítuca teatral, etc.

TÍTULO: Galicia Moderna

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “de intereses generales”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: o 3 de maio de 1885, ata finais de 1888

FRECUENCIA: semanal

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundado e dirixida: José Novo García

ADMINISTRADOR:
editores Ruíz y hermanos, donos da imprenta La Universal

OBSERVACIÓNS: Mantiña unha sección de noticias chegadas da Galicia territorial, ó tempo que informaba da actividade múltiple das institucións da emigración, principalmente do Centro Galego e da Sociedad de Beneficencia.
Ocupouse de temas variados principalmente referidos a Galicia: filoloxía, historia, literatura, poesía, narrativa, anunciaba reseñas sobre teatro, arteas plásticas, etc.

Galerías 1 2 3 4