Xornais e revistas de Cuba
Galerías 1 2 3 4

TÍTULO: Galicia Nueva

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: o 5 de xunio de 1916

FRECUENCIA: decenal

FORMATO: tabloide

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Non aparece pero obviamente desempñeba tal función o avogado coruñes Eugenio Mañach, nese tempo presidente do Centro Galego.

OBSERVACIÓNS: Denúncianse manexos avoltos, especulacións, trampulladas da Caixa de Aforros. Insértanse trabllos contra o caciquismo en Galicia. Aparecen artigos de ramiro García, manuel Barral, Antonio Tato, Guillermo Cedrán, Bernardo Rodríguez, R. del Alamo, Ignacio Ares de Parga, Cirilo Villegas, Joaquín Pesqueira. Tamén unha extensa carta de ramón Cabanillas en galego, etc.

TÍTULO: Heraldo de Galicia

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “consagrado a los intereses del pueblo galiciano y paladín de la colonia gallega en Cuba”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana
DATAS DE APARACIÓN: fundado en 1919, publicouse con certa regularidade durante catorce anos.

FRECUENCIA: semanal -FORMATO: tabloide -ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Manuel Fernández Doallo (o cal dirixeu un tempo a revista Eco de Galicia)

OBSERVACIÓNS: Aborda críticamente os problemas de Galicia, combate a guerra colonial española en Africa, informa sobre aconteceres galegos, e da emigración.

TÍTULO: Heraldo Ortigueirés

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano oficial da Asociación de Beneficencia Naturales de Ortigueira”
-Escrita en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: febreiro de 1941 ata xunio de 1959

FRECUENCIA: trimestral -FORMATO: revista
ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
1º director: José Abella Teijeiro
xefe de redacción: Antonio Couzo García
2º director: Enrique Abesú
3º director: Vicente Pérez Balteiro

ADMINISTRADOR:
Andrés Penabad

OBSERVACIÓNS: É a típica revista dunha institución de emigrantes, noticias de asociados, algúnhas biografías, temas xurídicos, efemérides cubana, etc.

"Hijas de Galicia"

Sanatorio "Concepción Arenal"

Album A Habana 1927

TÍTULO: Ideal Gallego

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano oficial del comité representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: en agosto de 1928, ata 15 de maio de 1930
Continuadora do periódico do mesmo nome.

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director-propietario: José M. Sánchez Brea
Sub-director: Celso Enrique Balsa
Xefe de redacción: José Rodríguez Miranda

ADMINISTRADOR:
Benjamín Martínez

OBSERVACIÓNS: Trátase dunha publicación literaria. Aunque se di organo oficial non se adica un espacio amplo e sostido a este tema.

TÍTULO: La Alborada

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano de la colonia gallega en Cuba”
- Bilingüe.

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o mes do nadal de 1911.
- 1912: do 3 de marzo edición adicada ó 4º aniversario da morte de Curros Enríquez.

FORMATO: grande, en papel semicromado, diseño e tipografía ben coidados.
Sección fixas: “Vida gallega” e “Regionales”

ILUSTRACIÓNS: abundan as fotografías de paisaxes e monumentos galegos, e a descripción de comarcas e logares históricos do noso país.


DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fray Roblanto (Seudónimo de Roberto Blanco Torres)

OBSERVACIÓNS: Aparecen na revista traballos firmados por: Valle Inclán, Cirilo de Crespo, Eloy Villalibre, Guillermo Cedrón, Vicente Otero Cao, Constantino Horta, S. T. Solloso, Antonio rey Soto, Manuel Murguía, etc. Poesías de Rosalía, Curros, Pondal, Lamas Carvajal, Manuel Nuñez González, A. de Nóvoa, José A. Seara, Leopoldo Pedreira, J. Riguera Montero, etc.

TÍTULO: La Antorcha Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Propón ser: “palanca para levantar los espíritus, vigorizando el sentimiento patrio de nuestros coterráneos”.
- Si ben e independente defende a xestión de Angel Barros como presdidente do Centro Galego, contra das maquinacións de Eugenio Mañach.

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o 5 de outubro de 1913.
- A última aparición foi o 8 de marzo de 1914

FRECUENCIA: revista semanal

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Angel Fernández


ADMINISTRADOR:
Julián Cabrera

OBSERVACIÓNS: Abundan as noticias de Galicia e os comentos sobre a laboura das Sociedades de Instrucción.

TÍTULO: Labor Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano de las Sociedades Gallegas de Instrucción” (ata o 15 de maio de 1916 sigue ocuopandose desta institución pero non aparece como veceiro da mesma.)
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: no ano 1913

FRECUENCIA: quincenal
A partir do 15 de maio de 1916 comenza a ser decenal

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con abundante ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundador e director: Juan Vicente Martínez Quelle

ADMINISTRADOR:
Francisco Barral (a partir de 1916)

OBSERVACIÓNS: É unha publicación de notable calidade artística e literaria. Tamén toca os temas das loitas sociais, o caciquismo, poesía, crónicas da Galicia territorial.
Na edición do 10/6/1915 comenza a publicarse, en separata, unha “Instrucción técnico-higiénica relativa a la construcción de escuelas”.

TÍTULO: La Gaita Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “para reír”
- Escrito en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: entre o 7 de xaneiro e o 11 de febreiro de 1872, en plena Guerra dos dez Anos pola independencia de Cuba.
Saíron seis números

FRECUENCIA: semanal

FORMATO: periódico

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Doctor Triquitraque (o seu nome era Manuel Blanco)
Dibuxante caricaturista: Francisco Cisneros Salvadoreño asentado en Cuba, que dirixe, durante dezanove anos a escola de arte San Alejandro, e pintou importantes cadros, “La muerte de Nerón”, “lot y sus hijos”, etc, que se conservan no Museo Nacional.

OBSERVACIÓNS: Satiriza certos costumes, contén chistes, narracións, moda feminina, fabulas, epigramas, relatos, etc.
Este semanario somentes ten de galego o nome e o folclórico dibuxo da cabeceira. Esta publicación nace co comenzo dunha emigración masiva de galegos a Cuba. Non se sabe se o seu director o redactores eran galegos.

"La Ilustración, de Galicia y Austirias"

anuncio publicado en Eco de Galicia 1878.

                 

TÍTULO: La Patria Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano de los intereses gallegos en la Isla”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzos de 1912, e chegou cando menos ó número 72
FRECUENCIA: semanal

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con ilustracións
NÚMERO DE PÁXINAS:

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: José Bargueiras

ADMINISTRADOR:
Manuel Rodríguez

OBSERVACIÓNS: Esta publicación acupábase fundamentalmente dos múltiples problemas do Centro Galego, que nese tempo, con sanatorio, caixa de aforros, teatro, colexio, ducias de delegacións no interior do país e un gran palacio social en construcción, era unha empresa moi complexa.

TÍTULO: Lar

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Óragno do partido Unión y Defensa, do Centro Galego”
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana

DATAS DE APARACIÓN: publicouse entre xulio de 1940 e febreiro de 1941

FRECUENCIA: mensual

FORMATO: tabloide

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Eladio Vázquez Ferro

ADMINISTRADOR:
Andrés Durán

OBSERVACIÓNS: O contido era esencialmente electoralista, en defensa da agrupación que representaba. Adicábase a atacar a colectividade rival, Hermandad Gallega. Dende facía dous anos, as tendencias ideolóxicas-políticas motivadas pola Guerra Civil Española, Afirmación y Defensa estaba co franquismo, mentras que a Hermandad era republicana.

TÍTULO: La Tierra Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Programa: contra los farsantes”
- Bilingüe

O nome ven da publicación que fundara Curros Enríquez, e por eso que na primeira entrega aparece un editorial-lembranza titulada “Un recuerdo al Maestro”

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a saír o 11 de abril de 1915

Saíron 5 números

FRECUENCIA: semanal

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Roberto Blanco Torres (que de aquela utilizaba o seudónimo de Fray Roblanto)

OBSERVACIÓNS: Di que se propón combatir ós “elementos funestos e impopulares” que hai no Centro Galego, amáis de lle dar cabida ás colaboracións dos mellores escritores e poetas de Galicia, e ás cartas dos corresponsais desigandos nas catro provincias.

TÍTULO: La Vida Gallega en Cuba

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano oficial da Sociedad de beneficencia de naturales de Galicia”
Foi continuadora de Vida Gallega, fundada en 1938
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en xaneiro de 1951, ata abril de 1960

FRECUENCIA: trimestral

FORMATO: revista

ILUSTRACIÓNS: con ilustración

NÚMERO DE PÁXINAS: 70 páxinas

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
1º Director: Antonio Campo y de la Fuente
2º Director: José López Prado
ADMINISTRADOR:
Adrián López García

OBSERVACIÓNS: Ocupabase en reseñar as actividades da institucións, temas referidos a Galicia de historia, literatura, lingüistica, xeografía, contos, poesias, etc.

TÍTULO: La Voz de Galicia

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
- Bilingüe

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: no ano 1915, desapareceu á pouco de nacer

FRECUENCIA: mensual

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundador e director: Francisco García Martínez

TÍTULO: La Voz del alumno

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Órgano do plantel Concepción Arenal do Centro Galego. Lema: “No atacamos personas; combatimos sistemas”
- Escrito en castelán

Precedeu á publicación do “El Secante”

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o ano 1935

FRECUENCIA: saída irregular

FORMATO: boletín
ILUSTRACIÓNS: con ilustracións

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Francisco Taboada
Xefe de redacción: José Saavedra e Daniel Picallo

ADMINISTRADOR:
José Saavedra e Daniel Picallo

OBSERVACIÓNS: Ocupábase dos problemas do centro escolar do que ra voceiro, e por veces de cuestións do Centro Galego.

TÍTULO: La Voz Gallega

SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Voceiro do partido Unión Progresista Gallega.
Pro Centro Galego.
- Escrito en castelán

LUGAR DE EDICIÓN: Cuba

DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse o 5 de maio de 1937
Encontraronse 6 números

FRECUENCIA: quincenal

FORMATO: periódico de pequeño formato

DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Eduardo P. Marzoa

OBSERVACIÓNS: Denunciaba desfalcos, mala planificación das obras, deficencia nos servicios sociais, anomalías na Caixa de Aforros, caciquismo, etc.

Galerías 1 2 3 4